O organismo está estruturado en servizos centrais e periféricos:
Os servizos periféricos organízanse en unidades operativas (Celeiro, Ferrol, Coruña, Muxía-Portosín, Ribeira, Vilaxoán, Pontevedra e Vigo), cun xefe de unidade operativa á fronte que coordina e dirixe ao persoal adscrito á mesma.
Os órganos centrais asumen a dirección do Servizo correspondéndolles, en xeral, o establecemento de estratexias e directrices, a programación xeral das actuacións, o seguimento, coordinación e control das actividades programadas, a elaboración, revisión e actualización de protocolos de actuación, e en xeral, a execución, coordinación e seguimento das actuacións ou actividades do Servizo de Gardacostas.
O persoal operativo das diferentes escalas que actúa complementando o traballo desenvolvido polas unidades operativas en toda Galicia depende directamente de Servizos Centrais.
O persoal da Subdirección Xeral de Gardacostas estrutúrase en escalas:
- Escala de axentes
- Escala executiva
- Escala operativa
- Escala técnica
- Escala de inspectores veterinarios
Forman un colectivo de 239 persoas (entre inspectores, subinspectores, patróns e mecánicos, e vixiantes mariñeiros e persoal de empresas que colaboran co servizo) que realizan, entre outros, os labores de verificar o cumprimento da normativa vixente en materia de pesca, marisqueo e acuicultura; prevención e loita contra a contaminación, busca e salvamento marítimo.

"Salvando vidas dende 1990".
