Os medios cos que conta este servizo para facer fronte á vixilancia, busca, salvamento e protección do medio mariño nas augas galegas son os seguintes:
- Aéreos:
- helicóptero Pesca 1, con base en Vigo
- helicóptero Pesca 2, con base en Celeiro
En total, o servizo aéreo está formado por 18 pilotos, 9 operadores de grúa, 9 rescatadores, 10 técnicos de mantemento e 1 administrativo.
- Marítimos, itinerantes por toda a costa galega:
- Sebastián de Ocampo
- IP 700 "Paio Gómez Chariño"
- Irmáns García Nodal
- Valentín Paz Andrade
Con base nas diferentes unidades operativas: 19 embarcacións. A maiores, dispón da embarcación Ría de Vigo contratada xunto coa EMSA para a loita contra a contaminación.
- Terrestres:
- 60 vehículos
- 3 camionetas

"Salvando vidas dende 1990".
