O Servizo de Gardacostas de Galicia é o organismo da Xunta de Galicia encargado da vixilancia, busca, salvamento e protección do medio mariño nas augas galegas.
En 2015 cumpríronse 25 anos desde que, por primeira vez, un helicóptero do servizo de salvamento da nosa comunidade procedeu a un rescate, o que supuxo o arranque dun servizo que vela dende entón pola seguridade da xente no mar.
A outra das grandes apostas deste organismo é loitar contra a lacra do furtivismo e contra as persoas que exercen de xeito ilegal a competencia desleal a miles de profesionais que viven da actividade marisqueira e pesqueira en Galicia.