O Servizo
servizo

O Servizo de Gardacostas de Galicia é o organismo encargado da vixilancia, busca, salvamento e protección do medio mariño nas augas galegas. Depende directamente da Consellería do Mar.

Este servizo opera as 24 horas e os 365 días do ano, dando resposta inmediata ás incidencias que se van producindo na nosa Comunidade. Así, nos seus 25 anos de historia salvou a vida  de 1.500 persoas. Tamén lle fai fronte á contaminación, preservando a nosa contorna, un valor incalculable que debe ser resgardado das ameazas contra a paisaxe.

A outra das grandes apostas deste organismo é loitar contra a lacra do furtivismo e contra os que exercen de xeito ilegal a competencia desleal aos miles de profesionais que viven da actividade marisqueira e pesqueira en Galicia . Evitar a venda de produtos do mar por fóra das vías legais de comercialización e preservar a saúde dos consumidores é un piar básico.

helicóptero

comillas

En 2015 cumpríronse 25 anos desde que, por primeira vez, un helicóptero do servizo de salvamento da nosa comunidade procedeu a un rescate. Isto supuxo o arranque dun servizo que vela dende entón pola seguridade da xente no mar e coa súa posta en marcha, no 1990, os mariñeiros e navegantes contan cun elemento de seguridade engadido”.

tripulación